No noso colexio cada ano facemos un traballo no día da paz que é moi bonito. Este ano fixemos unhas mans para pegar nunha árbore sen follas. A miña palabra, é Autoestima porque penso que primeiro unha persoa ten que estar en paz consigo mesmo mesma, aínda que tamén cos demais, porque senón estará el so sen ninguén que queira ser o seu amigo e iso é moi triste.Eu teño amigos porque xogo ben ao fútbol na defensa , pero despois so podo contar con dous de verdade. Non se poden ter amigos por conveniencia, temos que ser máis bos de corazón.
Feliz día da Paz. Andrés Currás 6º
▪▪▪
O día da paz comezouse a celebrar o día 30 de xaneiro porque morreu un home moi pacífico chamado Mahatma Gandhi. O día da paz é un día moi especial, xa que todos no meu colexio, nos reunimos no patio para render unha homenaxe. O único que non me gusta no día da paz é que moito amor e paz nese día e o día seguinte todo desaparece. Os nenos volven pelexar, a xente rompe as promesas que fixera no día anterior... Todos os rapaces pequenos esperan con ilusión ese día. Eu xa non, porque cada vez desilusiónanme máis. Penso que a Paz debe celebrarse todos os días e, por favor non nos desilusionen máis.
Os nenos aínda cremos nun mundo mellor. Melissa 6º
▪▪▪
Que camiños nos levan á Paz ?
- Evitar as pelexas.
- Ser bos compañeiros.
- Compartir cos demais.
- Traballar en equipo.
- Non discriminar ás persoas por a súa raza.
- Axudar á xente a superar as súas enfermidades.
- Non matar a ninguén.
- Ser solidarios cos que teñen menos cousas.
- Amar ás persoas.
- Respectar as ideas dos demais.
- Axudar aos demais a superar os seus problemas.
- Non intervir nas guerras.
Alumnos 5º