O NENO E O LOBO
Unha vez, nos montes Pirineos un pouco máis ao sur, había un pobo chamado Pinerelandia. Nel vivían unhas 400 pesoas. Unha familia do pobo emigrou ao bosque.
O neno da familia tiña un amigo que era un lobo de cor branca que o neno mantivo e criouno dende pequeño cando o atopou perdido no bosque. O lobo vivía ao este da casa do neno nunha cova. Un día o neno foi xunto o lobo. Encontrouno triste e cabizbaixo. O neno preguntoulle que lle sucedía e o lobo esplicoullo. O lobo acompañou ao neno. O rapaz asustouse da catástrofe do bosque. Estaban destruíndo as casas dos demais animais do bosque e a natureza. O neno falou coas persoas que estaban destruíndo a natureza pero non lle fixeron caso.
O neno foi rapidamente a súa casa. Díxolle que ía ir ao pobo co seu amigo o lobo. Chegou ao pobo e foi á casa dun bello gardabosques. Falou seriamente con el, foron os tres ao boque. O gardabosques tamén quedou sorprendido como cando o vira o neno. O gardabosques fixo un video e ensinoullo ao pobo. Ao día seguinte os habitantes do pobo impedíronlle seguir destruíndo a natureza. Estiveron un largo rato discutindo.Logo os individuos marcharon. Ao día seguinte cada familia trouxo unha cousa para axudar. E ao partir dese día todos se axudaron.
José Vazquez 4º
0 comentarios