UN NENO MOI MALO
Nun colexio que estaba en Paradela de Lores había un neno que pegaba e era moi malo. Ese neno tiña 9 anos. Un día ese neno decidiu pegar e pegar a toda a xente.
Entón, ese día tiroulle da coleta a unha nena, púxolle a cantadela a un rapaz, a unha rapaza... e así seguiu pegando e pegando sempre.
Despois veu a directora e o expulsou do seu colexio un mes. Cando volveu aínda era máis malo e como a profesora pensaba que xa era bo, non o castigaba. Ata que un día, unha nena díxolle que aínda era malo e entón o expulsaron outra vez, pero esta vez dous meses.
Cando veu, xa era bo. Xa aprendera que hai ser bos cos compañeiros e non pegarlle a ninguén, nin facerlle a cantadela, nin tirarlle da coleta as rapazas... Nin nada malo. Aprendeu a lección e dende aquela empezou a ter amigos e a ser máis feliz.
Melissa López 4º
0 comentarios