A Biblioteca Máxica
Unha vez, unha muller chamada Alicia pensou en facer unha biblioteca. Foi correndo a comprar libros, andeis, mesas, etc. Cando rematou coas obras da biblioteca, Alicia púxose moi feliz e contenta... Ao pasar dúas semanas abriu a biblioteca. Todo o pobo saltou de alegría, por ter por fin unha biblioteca. Ao home de Alicia, Juan, gustoulle moito a idea da biblioteca. Un día, unha muller chamada Raquel, foi á bibiloteca. Púxose a ler un libro de aventuras. Cando chegou a súa casa empezáronlle a suceder todas as cousas que lera, aínda que a máxia desaparecía ao pasar un día. Cada vez había máis xente con esa máxia. Alicia e Juan non sabían que facer e consultaron un mago para que lles axudara no préstamo de libros. Ao final Alicia pensou que tiña que manter esa biblioteca tan especial.
Dende ese día pódense ler e disfrutar os libros máis interesantes. Laura 6º
0 comentarios