Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2007.
30/01/2007
REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ

No noso colexio cada ano facemos un traballo no día da paz que é moi bonito. Este ano fixemos unhas mans para pegar nunha árbore sen follas. A miña palabra, é Autoestima porque penso que primeiro unha persoa ten que estar en paz consigo mesmo mesma, aínda que tamén cos demais, porque senón estará el so sen ninguén que queira ser o seu amigo e iso é moi triste.Eu teño amigos porque xogo ben ao fútbol na defensa , pero despois so podo contar con dous de verdade. Non se poden ter amigos por conveniencia, temos que ser máis bos de corazón.
Feliz día da Paz. Andrés Currás 6º
▪▪▪
O día da paz comezouse a celebrar o día 30 de xaneiro porque morreu un home moi pacífico chamado Mahatma Gandhi. O día da paz é un día moi especial, xa que todos no meu colexio, nos reunimos no patio para render unha homenaxe. O único que non me gusta no día da paz é que moito amor e paz nese día e o día seguinte todo desaparece. Os nenos volven pelexar, a xente rompe as promesas que fixera no día anterior... Todos os rapaces pequenos esperan con ilusión ese día. Eu xa non, porque cada vez desilusiónanme máis. Penso que a Paz debe celebrarse todos os días e, por favor non nos desilusionen máis.
Os nenos aínda cremos nun mundo mellor. Melissa 6º
▪▪▪
Que camiños nos levan á Paz ?
- Evitar as pelexas.
- Ser bos compañeiros.
- Compartir cos demais.
- Traballar en equipo.
- Non discriminar ás persoas por a súa raza.
- Axudar á xente a superar as súas enfermidades.
- Non matar a ninguén.
- Ser solidarios cos que teñen menos cousas.
- Amar ás persoas.
- Respectar as ideas dos demais.
- Axudar aos demais a superar os seus problemas.
- Non intervir nas guerras.
Alumnos 5º
PENSAMOS NA PAZ

Sempre en paz
Que bonito
se pasara
o que onte
eu soñei,
todo o mundo
se axudaba
e vivían
sempre en paz.
Que bonito
que ledicia
se pasara
o que eu vin,
naquel soño
onde todos
convivían
sempre en paz.
Alumnos de 3º
●●●
Hoy, 30 de enero, se celebra el día mundial de la paz. Este día empezó por el fallecimiento, el 30 de enero de 1948, de un hombre pacífico llamado Mahatma Gandhi. Esta fecha debía celebrarse durante todo el año, pero desafortunadamente, no es así. Se incumple con guerras, muertes, asesinatos, pobreza... Somos los humanos los culpables de esta situación, porque nosotros, somos conscientes de lo que estamos haciendo en el mundo entero y no ponemos remedio. Somos maléficos y destructivos.
¡Tenemos que pensar mejor en los caminos que nos llevan a la paz y poner remedio YA! Alba Domínguez 4º
FALAMOS DA PAZ

PAZ é compartir, coidar a natureza, amar, querer, axudar aos demáis...
Todos os días temos que vivir en paz. Nos queremos cando compartimos a comida e todas as cousas, cando non pelexamos, cando facemos agasallos, cando visitamos aos enfermos, aos nosos avós, aos amigos...
Temos que ser máis tolerantes, aceptarnos, obedecer e saber perder cando xogamos.
Nas nosas mans está facer un mundo con máis paz.
Alumnos do 1º Ciclo


