Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2007.
24/04/2007
MARÍA MARIÑO
María Mariño Carou naceu en Noia o 8 de xuño de 1907. De familia humilde, -era a segunda de cinco irmáns-, deixou moi nova a escola para exercer como costureira. As prementes necesidades económicas en que vive a súa familia obrígana a se trasladar ao Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro), onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba como costureira. É precisamente esta circunstancia a que lle permite entrar en contacto coa literatura escrita, na magnífica biblioteca de que o pazo dispón, accedendo a lecturas con que enriquecerá a súa formación e sensibilidade.
Finalizada a guerra civil contrae matrimonio con Roberto Posse Carballido, destinado ao País Basco pola súa profesión de mestre. Alí tiveron un fillo, que faleceu ao mes e medio de nacer. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión nerviosa. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada.
En 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, quen se convertiría nun forte estímulo para María Mariño comezar a escribir e a través do que superaría o illamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto, Sixto Seco, Augusto Assía ou Ramón Piñeiro. No entanto, a súa relación con persoas vinculadas ao ámbito cultural galego son escasas e en grande parte promovidas por Novoneyra. En 1963, a editorial Celta de Lugo publica Palabra no Tempo, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo, e só vinte e sete anos despois coñeceremos Verba que comenza (1990), con poemas escritos nos últimos meses de vida. María Mariño morre o 19 de maio de 1967 como consecuencia da leucemia que padecía, converténdose nunha figura literaria de enorme orixinalidade na historia das nosas letras.
Algunhas das súas obras son:
- María Mariño. Obra completa
- Más alá do tiempo. O libro inédito de 1965.
- Palabra no tempo. (1963)
- Verba que comeza. (1990)
Rocío 6º
UN NENO MOI MALO
Nun colexio que estaba en Paradela de Lores había un neno que pegaba e era moi malo. Ese neno tiña 9 anos. Un día ese neno decidiu pegar e pegar a toda a xente.
Entón, ese día tiroulle da coleta a unha nena, púxolle a cantadela a un rapaz, a unha rapaza... e así seguiu pegando e pegando sempre.
Despois veu a directora e o expulsou do seu colexio un mes. Cando volveu aínda era máis malo e como a profesora pensaba que xa era bo, non o castigaba. Ata que un día, unha nena díxolle que aínda era malo e entón o expulsaron outra vez, pero esta vez dous meses.
Cando veu, xa era bo. Xa aprendera que hai ser bos cos compañeiros e non pegarlle a ninguén, nin facerlle a cantadela, nin tirarlle da coleta as rapazas... Nin nada malo. Aprendeu a lección e dende aquela empezou a ter amigos e a ser máis feliz.
Melissa López 4º
26/04/2007
O NENO E O LOBO
Unha vez, nos montes Pirineos un pouco máis ao sur, había un pobo chamado Pinerelandia. Nel vivían unhas 400 pesoas. Unha familia do pobo emigrou ao bosque.
O neno da familia tiña un amigo que era un lobo de cor branca que o neno mantivo e criouno dende pequeño cando o atopou perdido no bosque. O lobo vivía ao este da casa do neno nunha cova. Un día o neno foi xunto o lobo. Encontrouno triste e cabizbaixo. O neno preguntoulle que lle sucedía e o lobo esplicoullo. O lobo acompañou ao neno. O rapaz asustouse da catástrofe do bosque. Estaban destruíndo as casas dos demais animais do bosque e a natureza. O neno falou coas persoas que estaban destruíndo a natureza pero non lle fixeron caso.
O neno foi rapidamente a súa casa. Díxolle que ía ir ao pobo co seu amigo o lobo. Chegou ao pobo e foi á casa dun bello gardabosques. Falou seriamente con el, foron os tres ao boque. O gardabosques tamén quedou sorprendido como cando o vira o neno. O gardabosques fixo un video e ensinoullo ao pobo. Ao día seguinte os habitantes do pobo impedíronlle seguir destruíndo a natureza. Estiveron un largo rato discutindo.Logo os individuos marcharon. Ao día seguinte cada familia trouxo unha cousa para axudar. E ao partir dese día todos se axudaron.
José Vazquez 4º
O NENO QUE ESTABA SÓ
Había un neno chamado Krissi. O resto dos nenos non querían xogar con el porque levaba gafas. Non corría nada, e sacaba malas notas.
Krissi tiña unha colección de escarabellos e levouna ao colexio. Uns nenos matáronlle o seu escaraballo favorito e foi chorando a súa casa.
O seguinte día levou un sol. Os mesmos nenos rompéronlle o sol e foi chorando a súa casa. Despois de iso non quería ir ao colexio e a súa nai animouno. Díxolle que se se volvían meter con el, que llo dixera ao profesor. O profesor axudou a Krissi e falou cos demais compañeiros. Fíxolles comprender que o que estaban facendo non estaba ben. Todos pedíronlle perdón e nunca máis se meteron con el nin con ninguén.
Dalí a un ano chegou un neno novo chamado Estefan. El e máis krissi fixéronse moi amigos. Os compañeiros non deixaron que ninguén se metera con el.
José Manuel Arosa 4º
27/04/2007
EL GALLINERO
En el gallinero vivían unas gallinas, un gallo, unos patos y una oca. Un día vino un señor y trajo un cerdito. Este cerdito era muy tímido y como y como era muy grande, tenia miedo a aplastar al resto de los animalitos. Todos los días se quedaba mirando cómo los demás jugaban al pilla- pilla. Un día la oca lo invitó a jugar y el cerdito acepto. Todos lo pasaron muy bien. Una noche vino un lobo y quería llevarse una gallina y el cerdito se encaró con él y tuvieron una pelea. El lobo se rindió y el cerdito cogió a la gallinita y la llevó con sus compañeros que se pusieron muy contentos. Todos los animalitos decidieron hacer una fiesta y coronaron al cerdito como el rey de la granja. Desde entonces todos vivieron seguros y contentos.


