Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2006.

20/12/2006

O outono

20061220004132-outono-meano-2.jpg

Entre todos fixemos unha árbore máxica, nela hai representados todos os seres vivos do bosque: paxaros, animais, plantas, floriñas, fungos, follas, insectos, etc. Todos conviven en paz e harmonia.

Apredimos moitos nomes de seres vivos, debuxamos e pintamos todo o que podedes ver na paisaxe. Traballamos todos xuntos e compartimos unha experiencia moi bonita en equipo.

20/12/2006 00:10 Autor: 6covas. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Lendas no corazón do Salnés

20061220002412-fondo.jpg

Os alumnos do segundo curso do terceiro ciclo de primaria fixemos unha colleita de lendas no noso entorno. Preguntámoslles aos maiores, veciños e familiares que poideran axudarnos. Descubrimos unhas historias interesantes e conmovedoras. Despois mandamos as nosas lendas á páxina web: http://www.galiciaencantada.com/ e publicaron as que non foron recollidas polo autor. Os alumnos que aparecen son Manuel Paz (O encanto do Con da Romaíña), Pedro Agís (O peto das ánimas de Vilariño) e Eduardo García (A serpe do Con do Encanto).

Se coñecedes algunha lenda máis podédesvos animar e facer o mesmo que nós.

20/12/2006 00:24 Autor: 6covas. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

Exposición de Instrumentos musicais

20061220142626-instrumentos-musicais.jpgFixemosa unha exposición de instrumentos musicais feitos con material de refugallo, as fotos podeis velas premendo aquí
20/12/2006 14:26 Autor: 6covas. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]