24/04/2008
Os alumnos do obradoiro de alimentación

Un saúdo e unha aperta a todos.
Esta foto é para que vexades que despois de comer de todo e levar a diante o noso lema estamos así de grandes.
As alumnas e os alumnos de 1º
Bicos.
O moucho e a moucha

Os alumnos do 1º ciclo recomendámosvos un libro de lectura fantástico.
Os de 1º empezamos a ler con libros sobre as aves, e con este en concreto, as profes fixéronos un power point para despois facer unha lectura todos xuntos.
Gustaravos, probade.
As TICs e nós.

Os alumnos do 2º ciclo de Primaria, traballamos os seres vivos, en particular os peixes. Para facer un traballo máis divertido, na aula de informática montamos un power point sobre os peixes, a partir da información obtida na rede e as imaxes selecionadas.
É impresionante!!!
Aquí vedes a portada da presentación.
Obradoiro de alimentación

Os alumnos do 1º do primeiro ciclo de Primaria desenrolamos un obradoiro de alimentación a partir dos alimentos que nos gustan e os que non. Falamos, intercanviamos gustos e opnións sobre todo tipo de alimentos e chegamos a conclusión do tipo de alimentación maís axeitada para nós. " Come peixe, verdura, froita, leite, iogurt, pasta e pan....no inverno e no verán. Teño que comer de todo para estar san"
27/04/2007
EL GALLINERO
En el gallinero vivían unas gallinas, un gallo, unos patos y una oca. Un día vino un señor y trajo un cerdito. Este cerdito era muy tímido y como y como era muy grande, tenia miedo a aplastar al resto de los animalitos. Todos los días se quedaba mirando cómo los demás jugaban al pilla- pilla. Un día la oca lo invitó a jugar y el cerdito acepto. Todos lo pasaron muy bien. Una noche vino un lobo y quería llevarse una gallina y el cerdito se encaró con él y tuvieron una pelea. El lobo se rindió y el cerdito cogió a la gallinita y la llevó con sus compañeros que se pusieron muy contentos. Todos los animalitos decidieron hacer una fiesta y coronaron al cerdito como el rey de la granja. Desde entonces todos vivieron seguros y contentos.
Antonio Suárez Martínez 3º
26/04/2007
O NENO QUE ESTABA SÓ
Había un neno chamado Krissi. O resto dos nenos non querían xogar con el porque levaba gafas. Non corría nada, e sacaba malas notas.
Krissi tiña unha colección de escarabellos e levouna ao colexio. Uns nenos matáronlle o seu escaraballo favorito e foi chorando a súa casa.
O seguinte día levou un sol. Os mesmos nenos rompéronlle o sol e foi chorando a súa casa. Despois de iso non quería ir ao colexio e a súa nai animouno. Díxolle que se se volvían meter con el, que llo dixera ao profesor. O profesor axudou a Krissi e falou cos demais compañeiros. Fíxolles comprender que o que estaban facendo non estaba ben. Todos pedíronlle perdón e nunca máis se meteron con el nin con ninguén.
Dalí a un ano chegou un neno novo chamado Estefan. El e máis krissi fixéronse moi amigos. Os compañeiros non deixaron que ninguén se metera con el.
José Manuel Arosa 4º
O NENO E O LOBO
Unha vez, nos montes Pirineos un pouco máis ao sur, había un pobo chamado Pinerelandia. Nel vivían unhas 400 pesoas. Unha familia do pobo emigrou ao bosque.
O neno da familia tiña un amigo que era un lobo de cor branca que o neno mantivo e criouno dende pequeño cando o atopou perdido no bosque. O lobo vivía ao este da casa do neno nunha cova. Un día o neno foi xunto o lobo. Encontrouno triste e cabizbaixo. O neno preguntoulle que lle sucedía e o lobo esplicoullo. O lobo acompañou ao neno. O rapaz asustouse da catástrofe do bosque. Estaban destruíndo as casas dos demais animais do bosque e a natureza. O neno falou coas persoas que estaban destruíndo a natureza pero non lle fixeron caso.
O neno foi rapidamente a súa casa. Díxolle que ía ir ao pobo co seu amigo o lobo. Chegou ao pobo e foi á casa dun bello gardabosques. Falou seriamente con el, foron os tres ao boque. O gardabosques tamén quedou sorprendido como cando o vira o neno. O gardabosques fixo un video e ensinoullo ao pobo. Ao día seguinte os habitantes do pobo impedíronlle seguir destruíndo a natureza. Estiveron un largo rato discutindo.Logo os individuos marcharon. Ao día seguinte cada familia trouxo unha cousa para axudar. E ao partir dese día todos se axudaron.
José Vazquez 4º
24/04/2007
UN NENO MOI MALO
Nun colexio que estaba en Paradela de Lores había un neno que pegaba e era moi malo. Ese neno tiña 9 anos. Un día ese neno decidiu pegar e pegar a toda a xente.
Entón, ese día tiroulle da coleta a unha nena, púxolle a cantadela a un rapaz, a unha rapaza... e así seguiu pegando e pegando sempre.
Despois veu a directora e o expulsou do seu colexio un mes. Cando volveu aínda era máis malo e como a profesora pensaba que xa era bo, non o castigaba. Ata que un día, unha nena díxolle que aínda era malo e entón o expulsaron outra vez, pero esta vez dous meses.
Cando veu, xa era bo. Xa aprendera que hai ser bos cos compañeiros e non pegarlle a ninguén, nin facerlle a cantadela, nin tirarlle da coleta as rapazas... Nin nada malo. Aprendeu a lección e dende aquela empezou a ter amigos e a ser máis feliz.
Melissa López 4º
MARÍA MARIÑO
María Mariño Carou naceu en Noia o 8 de xuño de 1907. De familia humilde, -era a segunda de cinco irmáns-, deixou moi nova a escola para exercer como costureira. As prementes necesidades económicas en que vive a súa familia obrígana a se trasladar ao Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro), onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba como costureira. É precisamente esta circunstancia a que lle permite entrar en contacto coa literatura escrita, na magnífica biblioteca de que o pazo dispón, accedendo a lecturas con que enriquecerá a súa formación e sensibilidade.
Finalizada a guerra civil contrae matrimonio con Roberto Posse Carballido, destinado ao País Basco pola súa profesión de mestre. Alí tiveron un fillo, que faleceu ao mes e medio de nacer. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión nerviosa. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada.
En 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, quen se convertiría nun forte estímulo para María Mariño comezar a escribir e a través do que superaría o illamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto, Sixto Seco, Augusto Assía ou Ramón Piñeiro. No entanto, a súa relación con persoas vinculadas ao ámbito cultural galego son escasas e en grande parte promovidas por Novoneyra. En 1963, a editorial Celta de Lugo publica Palabra no Tempo, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo, e só vinte e sete anos despois coñeceremos Verba que comenza (1990), con poemas escritos nos últimos meses de vida. María Mariño morre o 19 de maio de 1967 como consecuencia da leucemia que padecía, converténdose nunha figura literaria de enorme orixinalidade na historia das nosas letras.
Algunhas das súas obras son:
- María Mariño. Obra completa
- Más alá do tiempo. O libro inédito de 1965.
- Palabra no tempo. (1963)
- Verba que comeza. (1990)
Rocío 6º
27/02/2007
A Biblioteca Máxica
Unha vez, unha muller chamada Alicia pensou en facer unha biblioteca. Foi correndo a comprar libros, andeis, mesas, etc. Cando rematou coas obras da biblioteca, Alicia púxose moi feliz e contenta... Ao pasar dúas semanas abriu a biblioteca. Todo o pobo saltou de alegría, por ter por fin unha biblioteca. Ao home de Alicia, Juan, gustoulle moito a idea da biblioteca. Un día, unha muller chamada Raquel, foi á bibiloteca. Púxose a ler un libro de aventuras. Cando chegou a súa casa empezáronlle a suceder todas as cousas que lera, aínda que a máxia desaparecía ao pasar un día. Cada vez había máis xente con esa máxia. Alicia e Juan non sabían que facer e consultaron un mago para que lles axudara no préstamo de libros. Ao final Alicia pensou que tiña que manter esa biblioteca tan especial.
Dende ese día pódense ler e disfrutar os libros máis interesantes. Laura 6º


