Blogia
6covas

MARÍA MARIÑO

  María Mariño Carou naceu en Noia o 8 de xuño de 1907. De familia humilde, -era a segunda de cinco irmáns-, deixou moi nova a escola para exercer como costureira. As prementes necesidades económicas en que vive a súa familia obrígana a se trasladar ao Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro), onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba como costureira. É precisamente esta circunstancia a que lle permite entrar en contacto coa literatura escrita, na magnífica biblioteca de que o pazo dispón, accedendo a lecturas con que enriquecerá a súa formación e sensibilidade.
    Finalizada a guerra civil contrae matrimonio con Roberto Posse Carballido, destinado ao País Basco pola súa profesión de mestre. Alí tiveron un fillo, que faleceu ao mes e medio de nacer. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión nerviosa. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada.      
     En 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, quen se convertiría nun forte estímulo para María Mariño comezar a escribir e a través do que superaría o illamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto, Sixto Seco, Augusto Assía ou Ramón Piñeiro. No entanto, a súa relación con persoas vinculadas ao ámbito cultural galego son escasas e en grande parte promovidas por Novoneyra. En 1963, a editorial Celta de Lugo publica Palabra no Tempo, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo, e só vinte e sete anos despois coñeceremos Verba que comenza (1990), con poemas escritos nos últimos meses de vida. María Mariño morre o 19 de maio de 1967 como consecuencia da leucemia que padecía, converténdose nunha figura literaria de enorme orixinalidade na historia das nosas letras.

Algunhas das súas obras son:

  • María Mariño. Obra completa
  • Más alá do tiempo. O libro inédito de 1965.
  • Palabra no tempo. (1963)
  • Verba que comeza. (1990)

Rocío 6º

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres