Blogia
6covas

REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ

REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ

  No noso  colexio cada ano facemos un traballo no día da paz que é moi bonito. Este ano fixemos unhas mans para  pegar nunha árbore sen follas. A miña palabra, é Autoestima  porque  penso que  primeiro  unha   persoa  ten que estar en paz consigo mesmo mesma, aínda que tamén cos demais, porque senón estará el so sen ninguén que queira ser o seu amigo e iso é moi triste.Eu teño amigos  porque xogo ben ao fútbol na defensa , pero despois so podo contar con dous de verdade. Non se poden ter amigos por conveniencia, temos que ser máis bos de corazón.                      

Feliz día da Paz. Andrés Currás 6º

▪▪▪ 

O día da paz comezouse a celebrar o día 30 de xaneiro porque morreu un home moi pacífico chamado Mahatma Gandhi. O día da paz é un día moi especial, xa que todos no meu colexio, nos reunimos no patio para render unha homenaxe. O único que non me gusta no día da paz é que moito amor e paz nese día e o día seguinte todo desaparece. Os nenos volven pelexar, a xente rompe as promesas que fixera no día anterior... Todos os rapaces pequenos esperan con ilusión ese día. Eu xa non, porque cada vez desilusiónanme máis. Penso que a Paz debe celebrarse todos os días e, por favor non nos desilusionen máis.

Os nenos aínda cremos nun mundo mellor. Melissa 6º

▪▪▪ 

Que camiños nos levan á Paz ?

- Evitar as pelexas.

- Ser bos compañeiros.

- Compartir cos demais.

- Traballar en equipo.

- Non discriminar ás persoas por a súa raza.

- Axudar á xente a superar as súas enfermidades.

- Non matar a ninguén.

- Ser solidarios cos que teñen menos cousas.

- Amar ás persoas.

- Respectar as ideas dos demais.

- Axudar aos demais a superar os seus problemas.

- Non intervir nas guerras.

Alumnos 5º

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres